NOVATFE: DESIGN THINKING E FABRICACIÓN DIXITAL
Proxecto formativo en Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais, relativas a Design Thinking e Fabricación Dixital nas seguintes demarcacións territoriais:
– Mancomunidade do Salnés: Vilagarcía de Arousa (ver máis)
- Actividade 1: Design Thinking. Do 1 ao 5 de agosto de 2022.
- Actividade 2: Fabricación Dixital. Do 29 de agosto ao 2 de setembro de 2022.
– Provincia de Ourense: Ourense (ver máis)
- Actividade 1: Design Thinking. Do 5 ao 9 de setembro de 2022.
- Actividade 2: Fabricación Dixital. Do 12 ao 15 de setembro de 2022.
COFINANCIADO CON FONDOS EUROPEOS DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) ENCADRADOS
DENTRO DO PROGRAMA DE COOPERACIÓN TRANSFONTEIRIZA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
(POCTEP) NUN 75 %.
Contidos e actividades:
Unha formación cunha metodoloxía experimental, estimulante e dinámica, cunha duración total de 50 horas.
Actividade 1: Design Thinking
- Creatividade e innovación (4 horas).
- Tecnoloxías de fabricación dixital para innovar (4 horas).
- Design Thinking (8 horas).
- Story Telling (4 horas).
- Testeo e prototipado (5 horas).
Actividade 2: Fabricación dixital
- Fabricación aditiva (10 horas).
- Mecanizado e CNC (10 horas).
- Casos de uso industrial das tecnoloxías propostas.
A formación en Design Thinking e Fabricación Dixital está organizada por NovaTFE, co obxectivo de fomentar a innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e o acercamento ás novas tecnoloxías facilitadoras no eido da fabricación dixital. É, por tanto, un programa dirixido principalmente a persoal de pemes e a emprendedores, e que propón unha visión empresarial e industrial tanto dos procesos de innovación encadrados na metodoloxía Design Thinking coma das aplicacións de tecnoloxías como a impresión 3D, o escanado ou a mecanización CNC.
O vindeiro día martes 26 de xullo terá lugar a inauguración do programa, que comezará coa actividade correspondente á Fabricación Dixital no recentemente inaugurado Laboratorio de Experimentación e Prototipado NovaTFE do Salnés, en Vilagarcía de Arousa. Os contidos impartidos serán de aproveitamento para organizacións de calquera tamaño ou para profesionais independentes, e para unha gran diversidade de sectores de actividade. Os formadores que participarán nas sesións son especialistas que proveñen de diversos puntos de Galicia e do territorio peninsular, e que desenvolven a súa actividade especializada en contextos industriais onde se implementan estes procedementos e tecnoloxías. Xunto cos representantes das diversas empresas, autónomos e persoas con inquietudes de emprendemento que asistirán a esta formación, desfrutarán de sesións prácticas e divulgativas de tipo meet-up, onde poderán intercambiar impresións, datos, visións e experiencias dende diferentes sectores e perfís. Impartirán a formación Miguel Ángel Mora, responsable de Enxeñaría 3D de Grupo Solitium; Miguel Pérez, director de Desenvolvemento de Produto de MRF e Iago Castro, director de Produción de MRF.
A edición de Ourense está programada para ser impartida no vindeiro mes de setembro.
As actividades organizadas por NovaTFE contan cun 75 % de financiamento con fondos europeos FEDER, no marco do programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal
Se queres acceder a esta formación, enche o formulario que verás a continuación cos teus datos. Recibirás un documento de confirmación de solicitude cos teus datos na túa dirección de correo electrónico.